29 novos positivos elevan a 759 os afectados por Covid-19 na área sanitaria de Lugo

A área sanitaria de Lugo suma outros 29 positivos nas últimas 24 horas o que eleva o número de afectados a 759 e unha nova vítima mortal, unha muller de 96 anos e con patoloxías previas que falleceu nas últimas horas no Hula, segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

En canto ao número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.742 deles 1.403 son da área da Coruña, 759 da de Lugo, 343 da de Ourense, 233 da de Pontevedra, 253 da área de Vigo, 607 da de Santiago, e 144 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 143 en unidades de hospitalización e 3.582 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.771 persoas curadas, rexistrándose 644 falecementos. A última persoa falecida foi unha muller de 96 anos, que estaba ingresada no HULA e presentaba patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 339.206.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com