A área sanitaria de Lugo aproximase aos 800 casos activos por coronavirus con 12 novos positivos nas últimas 24 horas e que suman un total de 798. Con estes datos, a Consellería de Sanidade anunciou onte que matén as restriccións, que están en vigor dende o pasado venres, unha semana máis.
En canto a evolución da pandemia no resto de Galicia. a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou na súa última actualización, que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.991; deles 1.425 son da área da Coruña, 798 da de Lugo, 386 da de Ourense, 271 da de Pontevedra, 302 da área de Vigo, 659 da de Santiago, e 150 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 159 en unidades de hospitalización e 3.817 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 13.039 persoas curadas, rexistrándose 651 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 349.050.