O BNG rectifica e reabre a Ronda da Muralla e presenta o proxecto de peonalización da Mosqueira

Despois de que diferentes asociacións, partidos políticos e veciñanza xeral, pediran reiteradamente a supresión da peonalización dun dos carrís da rolda, hoxe coñecíase que a rolda volverá contar cos dous carrís, excepto en Recatelo, no tramo comprendido entre a Porta de Santiago e a rúa Vilalba na que quedará un carril para peóns onde se instalaran soportes fixos para substituír os conos que hai actualmente.

Ante a noticia, partidos políticos e asociacións que estes días, de xeito explícito demandarán a volta á normalidade, entre eles os populares, enviaban unha nota de prensa na que din :  “por fin, o BNG rectifica e reconsidera a decisión unilateral de peonalizar sine die un carril da ronda”. O voceiro popular explica que “tal e como estaba pechado o carril da ronda da muralla non se sostiña, foi unha auténtica chapuza” o voceiro do PP dille a Arroxo que “o PP tenderalle a man para futuras peonalizacións se conta con “informes que o avalen e consenso político e social que o avalen”.

Pola súa banda Lugo Monumental indicou que “aínda que a redución a un carril no tramo da Porta de Santiago á rúa Vilalba pode supoñer un pescozo de botella, é certo que nese punto a inexistencia de beirarrúas o bastante amplas é un problema de seguridade viaria que había que afrontar”.

Proxecto de peonalización da Mosqueira

Asemade, hoxe mesmo o Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, presentou o proxecto de peonalización da Mosqueira.

O proxecto, que conta co informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galiza, sairá a licitación cun orzamento base de 797.016,93€ e un prazo de realización de 8 meses. “A nova praza peonil resultante será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de ocio, na que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira”, anunciou Rubén Arroxo.

Novo modelo de mobilidade na contorna

A área de Mobilidade planificou tamén o desvío do tráfico que circula entre a Rúa Vilalba e a Porta de San Pedro. O novo percorrido comezará en Ramón Ferreiro, seguindo por Salvador de Madariaga, que mudará o sentido da circulación, rúa Dinán, rúa Hermanitas e San Roque. Este novo percorrido terá preferencia na rede semafórica da contorna.

 

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Oscar Poy
    Set 03, 2020 - 09:12 PM

    El bipartito no ha soportado la presión social y política en respuesta a su “arroxada”.

    Es una lástima que sigan emperrados en negarse a negociar las medidas de mayor calado para el presente y futuro de la ciudad

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com