Castiñeira promoverá o proxecto “Lugo sen barreiras” dentro do seu plan de mellora dos espazos públicos

O candidato á alcaldía do Partido Popular Jaime Castiñeira declarou esta mañá que Lugo ten moito que mellorar no tocante á accesibilidade e para evidenciar as dificultades coas que se atopan as persoas maiores, os carriños dos nenos ou veciños con problemas de mobilidade “faremos ao longo da xornada un encintado simbólico dunha trintena de puntos de difícil acceso”.

O alcaldable do PP explicou que promoverá o proxecto “Lugo sen barreiras” dentro do seu plan de mellora de espazos públicos matizando que “queremos impulsar  actuacións que  favorezan a rehabilitación  e rexeneración urbana creando itinerarios accesibles ao 100% que atravesarán a cidade tanto de  norte a sur como de Este a Oeste”

Castiñeira lamentou que os gobernos de Orozco non fosen capaces de solucionar os puntos con dificultades que denuncia o PP. Para evidenciar isto levarán a cabo un ha acción consistente en colocar cinta adhesiva en algúns destes lugares “con estas cintas adhesivas queremos chamar á atención dalgúns puntos de difícil acceso e que o PP se compromete a solucionar cando chegue á alcaldía”.

O candidato explicou que dentro do seu proxecto de cidade impulsará ademais dun programa específico para facer unha cidade máis accesible, un Plan de rehabilitación e rexeneración urbana  onde subvencionará obras de mellora en edificacións de todo o Concello  prestando unha especial atención á rexeneración de 5 barrios da cidade.

“A declaración dun ARI na Milagrosa, a revitalización do barrio Feijoo, Recatelo, A Ponte e continuar coa rehabilitación do casco histórico forman parte da nosa filosofía”, reflexionou Castiñeira. O Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do PP ten un obxectivo claro  potenciar os espazos públicos e as edificacións de zonas degradadas “deste xeito mellorará a calidade de vida dos veciños destes barrios así como a imaxe da zona á vez que contribuirá a xerar emprego, reactivando a economía local”. Castiñeira detallou que este programa ademais de potenciar  estes cinco barrios revertirá  en melloras para todo o municipio xa que se outorgarán axudas para a rehabilitación de edificios.

Con respecto aos plans urbanísticos puxo de manifesto que se é alcalde aprobará antes de que remate o ano o 5% do PXOM que está pendente de aprobación dende o ano 2012. Jaime Castiñeira tamén se referiu á necesidade de actualizar o Plan Especial do Recinto amurallado unha actuación que permitirá fixar poboación e que favorecerá a implantación de negocios.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com