A Área de Xuventude do Concello de Lugo continúa a ofrecer distintas alternativas á mocidade, e nesta ocasión a actividade está relacionada coa cultura urbana, e será a prol do fomento da Lingua Galega. O vindeiro martes, 8 de setembro, a partir das 17:30 horas, na Praza de Augas Férreas , impartirase un obradoiro de rap improvisado en galego. Será o , impartido por un dos membros do grupo de rap Rebeliom do Inframundo, Frank, que lle dará consellos aos mozos e mozas de Lugo para somerxerse no mundo do freestyle.
Esta actividade está enmarcada na iniciativa CeibaRima, que puxo en marcha este verán xuventude, un ciclo de actividades de estilos urbanos, da man do programa +Xti, en distintas prazas da cidade.
A mocidade asistente a este obradoiro contará con dúas horas de formación, nas que poderán aprender conceptos básicos. Os e as interesadas poden inscribirse a través da páxina web www.ceibarimas.gal Durante o obradoiro, os e as usuarias deberán cumprir coas diferentes medidas establecidas con motivo da COVID-19.