Esta tarde reabriron os cines Codex logo de preto de seis meses pechados por mor da pandemia. Para reapertura de Codex Cinema contouse coa estrea en Lugo do filme “Reboiras, acción e corazón“. A estrea acudiu o director e guioniata Alberte Mera que mantivo un coloquio ao remate de cada unha das sesións, tanto no pase da seis da tarde como no das oito onde o aforo se completou e mesmo quedou xente sen poder acceder ás salas. Hai que lembrar que o aforo permitido é moito menor por mor das medidas anti-covid que é necesario cumprir para que se reduzan os contaxios.
Durante a fin de semana seguirán pases de “Reboiras, acción e corazón”. Os interesados poden entrar na páxina www.codexcinema.com
Asemade Codex Cinema tamén contou coa estrea do filme “Las Niñas” que ven de gañar o premio á mellor película no Festival de Málaga.
Set 05, 2020 - 07:06 AM
.m7u