Ampliación dunha senda peonil e ciclista no Camiño Francés en Portomarín

Continúan avanzando as obras da senda peonil e ciclista na estrada LU-633, aos seu paso por Portomarín. Trátase dunha senda de 260 metros de lonxitude na marxe esquerda da estrada para executar un itinerario continuo sen ter que cruzar a vía, nun treito por onde discorre o Camiño Francés.

O novo itinerario ten como obxectivo mellorar as condicións de seguridade dos peregrinos e dos peóns, en xeral, no seu percorrido por esta zona, desde a baixada do Camiño de Santiago -fronte ao albergue situado a esa altura da vía autonómica- ata a entrada da ponte de acceso á vila de Portomarín.

No punto de inicio localízanse as escadas de baixada do Camiño Francés na beira dereita, polo que nesa parte complementarase cun pequeno treito de senda a ese lado da calzada e un paso de peóns.

 Os traballos

Con esta intervención ampliarase a sección actual para poder albergar os elementos da nova plataforma, que servirá para reforzar a seguridade das persoas que se desprazan a pé, evitando que teñan que circular pola beiravía.

Esta intervención nun dos accesos principais á localidade para os peregrinos que realizan a ruta Xacobea enmárcase na aposta da Xunta por un modelo de mobilidade segura e sostible e está incluída no Plan de sendas de Galicia para a comarca de Lugo. A actuación está cofinanciada con Fondos Feder 2014/2020.e a Xunta de Galicia.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com