O Concelleiro de Educación do Concello de Lugo, lembrou que de cara ao inicio de curso todos os centros de ensino público contarán con servizo de Madrugadores. “Trátase dunha das medidas nas que comezamos a traballar nada máis chegar ao goberno e que, dada a situación sanitaria, volvese máis importante aínda”, explicou o concelleiro, que engadiu “este servizo permite ás familias deixar ás súas fillas e fillos antes do inicio do horario lectivo, para evitar interferencias coas súas xornadas laborais”.
Neste curso, ofertarase en todos os centros públicos da cidade”, grazas “ao esforzo das traballadoras da Concellería de Educación e a colaboración das equipas directivas dos centros permitiron aumentar os servizos ofertados no ensino público”.
Set 08, 2020 - 11:05 AM
@concellodelugo Y se suprimen 350 plazas de comedor. Que todo hay que contarlo.