O Grupo Popular de Lugo, presenta unha proposición para que o goberno local, no marco das competencias municipais, estude a posibilidade de abordar “unha intervención global” para o progresivo “soterramiento” do cableado das fachadas. Os populares afirman que “é preciso acabar co feismo, e tamén é importante levar a cabo este programa de soterramento do cableado por motivos de seguridade”.
O edil popular Pérez Prados suxire que se empece polo “casco histórico e coas zonas onde se fagan pavimentacións novas incidindo en que se queremos que o casco histórico de Lugo sexa Patrimonio da Humanidade hai que mudar a imaxe do cableado aéreo para que a súa imaxe teña unha maior calidade turística”
Na proposición que presentan os populares suxiren elaborar un plan que debe incluír un mapa identificativo con todos os puntos da cidade onde hai cableado aéreo e postes; a redacción dos proxectos técnicos correspondentes para a adecuada renovación e soterramento de cada un deles e un cronograma das actuacións, priorizando de forma gradual aqueles puntos que xeren maiores problemas e perigos potenciais.
Un segundo punto sería establecer convenios con empresas subministradoras que operan en Lugo para avanzar na eliminación da maraña de cables que son da súa propiedade, e que mesmo nalgunhas ocasións están en desuso.
Os populares recalcaron que “os gobernos socialistas dos últimos 20 anos perderon oportunidades para erradicar a maraña de cables que hai tanto no casco histórico como noutros barrios da cidade” e insisten en que se “desaproveitaron as renovacións de pavimentos que se fixeron en diferentes puntos para ocultar o cableado deberían ter feito canalizacións para o soterramento futuro de todos os servizos e suministros (telefonía, electricidade, gas, etc.).