O Concello de Lugo accede ao inmoble nº 48 da Rolda da Muralla para atallar o seu deterioro

O edil de Urbanismo Sostible do Concello de Lugo, supervisaba esta mañá, acompañado por persoal do Servizo de Arquitectura, Evislusa e Policía Local, o inicio dos traballos de acondicionamento previstos para atallar o deterioro da construción. “Rematan aquí 15 anos de litixio coa propiedade da vivenda que, en todo momento, se negou a colaborar coa administración local e amosou unha actitude obstrutiva en prexuízo non da institución, senón de toda a cidadanía”, lamentou Miguel Couto.

Esta mañá foran citados so propietarios do inmoble número 48 polo Concello para facilitar a entrada do persoal municipal e dos operarios da empresa encargada dos traballos de acondicionamento do edificio co fin de proceder ao inicio destas tarefas. Unha vez máis, non compareceron. A área de Urbanismo Sostible, que promoveu a intervención subsidiaria para rematar coa perigosidade que entraña o estado de conservación da vivenda, tivo que solicitar entón os servizos dun cerralleiro para poder acceder á mesma. “Ata aquí levamos máis de 15 anos de percorrido administrativo e xudicial. Máis dunha década de notificacións e requirimentos oficiais sempre coa mesma resposta por parte das titulares da construción: nula colaboración e unha actitude obstrucionista que durante todo este tempo non prexudicou á institución senón á veciñanza lucense á que se lle tivo que restrinxir a mobilidade pola zona na salvagarda da súa propia protección”, subliñou Miguel Couto.

O edil supervisaba hoxe, xunto cos técnicos do departamento de Arquitectura e de Evislusa, e acompañados pola Policía Local, o comezo dos labores de desentullo e estabilización da estrutura que durante as vindeiras semanas se levarán a cabo e que – explicou – “consisten no arriostramento de muros, a retirada de cascallos e a recuperación dos elementos catalogados que contén”. As obras realizaranse nun prazo de execución inferior a 3 meses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com