A área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, conmemora este sábado o Día Mundial da Limpeza cunha andaina pola sostibilidade queerá lugar o próximo 19 de setembro, e será Guido Álvarez Parga quen a lidere. A marcha partirá ás 10:30 horas dende o Parque Rosalía de Castro, diante do busto da autora.
Para participar na mesma, as persoas interesadas poderán inscribirse, de xeito provisional, a través do enderezo xuventude@lugo.gal, facilitando o nome, apelidos, data de nacemento e teléfono, achegando, con caracter obrigatorio, foto ou fotocopia do DNI/NIE/PASAPORTE. As e os menores de idade irán acompañados por unha persoa adulta.
A participación na andaina, é gratuíta, seguirá a seguinte orde de prioridade e por rigorosa orde de inscrición:
1º Mozos e mozas de 14 a 35 empadroados no Concello de Lugo (achegando declaración responsable de empadroamento, que o Concello poderá comprobar)
2º Mozos e mozas de 14 a 35 anos, que traballen ou estuden no municipio de Lugo (achegando copia do contrato de traballo ou matrícula do centro educativo regrado no que estuda)
3º Mozos e mozas de 14 a 35 anos que residan en municipios limítrofes
4º E sempre e cando queden prazas vacantes, resto de poboación non superando o 10% de prazas ofertadas en cada actividade