O Centro de Convivencia de Fingoi acolle unha lectura dramatizada dunha obra de Filgueira Valverde

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, informa que este mércores 13 de maio a partir das 11 horas vaise a desenvolver unha lectura dramatizada de dúas esceas da obra Agromar de Xosé Filgueira Valverde, no Centro de Convivencia de Fingoi.

Esta actividade organizada por integrantes do Club de Lectura do Centro de Convivencia Fingoi quere facer unha homenaxe ao Dia das Letras Galegas que se celebra o 17 de maio. A entrada é libre e gratuita e invitan a todos os cidadáns interesados a que se acheguen a escoitalos.

O grupo que desenvolverá a lectura dramatizada está composto por Oliva Díaz Fernández, Irene Fente Ledo, María Pilar Flores Castro, Purificación Mera Mourelos, Alfredo Pérez Bugedo, María Josefa Quiroga González, Adela Rodríguez Gutiérrez, Juani Singala Serra e baixo a dirección de Ester Pedrouzo Vázquez.

Filgueira clasificou esta obra como teatro escolar, recoñecendo ese teatro como inicial e necesario para a nova Galicia na que naquel intre, ao redor do ano 1920, estaba a agromar a conciencia de galeguismo.

 

(Fotografía: www.blogoteca.com)

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com