Os almorzos saudables chegan mañá mércores, 16 de setembro, ás masterclass de nutrición que puxo en marcha Xuventude o pasado mes de agosto, co obxectivo de ofrecer á mocidade contidos de educación nutricional, ao tempo que se facilita a creación dunha contorna saudable. Fano logo de afondar en como mellorar o sistema imnume coa alimentación e tras desmontar os mitos alimentarios máis comúns.
Poderase seguir a partir das 20:00 horas, a través do Facebook de Xuventude de Lugo así como na conta de Instagram @Xuventude_lugo.
Estas charlas, dirixidas pola dietista-nutricionista Ángeles Novo, terán lugar a través deste medio todos os mércores ata o 7 de outubro, ás 20:00 horas. As vindeiras semanas, as masterclass farán fincapé en ceas e petiscos saudables e receitas doces.