A Xunta convoca aos coordinadores de colexios da provincia a unha xornada de formación sobre o protocolo do Covid

A Xunta vén de convocar aos representantes dos equipos covid-19 de cada un dos colexios públicos e concertados da provincia a unha xornada de formación sobre o protocolo e a pandemia.
A actividade desenvolverase de xeito presencial en dúas quendas, por cuestión de aforo, no salón de actos do Hospital Lucus Augusti, entre as 14 e as 15 horas. En concreto, no día de hoxe están citados un representante dos 86 colexios de educación Infantil e Primaria lugueses e, para a xornada de mañá, completarase a totalidade dos centros cos 26 colexios concertados, un centro de Educación Primaria, os 12 colexios públicos integrados e as 4 escolas de Educación Infantil da provincia.

A explicación correrá a cargo de dous especialistas sanitarios: o doutor Rafael Sánchez Fernández, director de Atención Primaria da Área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos e a doutora Raquel Barbosa Lorenzo médico preventivista do Hula.
Nos contidos formativos previstos abordarase de xeito didáctico información básica sobre o coronavirus, a súa afección na poboación infantil e os síntomas, así como as medidas de vixilancia, de prevención e de control. Ademais, daranse pautas sobre como actuar ante
unha sospeita de infección por coronavirus no centro escolar e o mecanismo de alerta que se debe activar.
A formación centrarase tamén no papel dos coordinadores Covid dos centros educativos e a súa coordinación cos referentes nos centros de saúde. O programa complétase con materiais de traballo na aula dirixidos ao alumnado segundo as etapas educativas, mediante
xogos e consellos.

Os equipos covid-19 dos colexios xa recibiron formación non presencial nos primeiros días de setembro que se completa agora con esta nova xornada presencial na que afondará en información específica sobre a infección do coronavirus e na que se resolverán as dúbidas
que poidan existir tras o inicio do curso escolar sobre a aplicación do Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 nos centros de ensino non universitario Os coordinadores covid-19 son as persoas de referencia para o resto do persoal, profesorado, alumnado e familias de cada colexio. Os equipos están integrados pola persoa titular da dirección do centro, ou persoa na que delegue ou a substitúa, e dous membros do
profesorado (nos centros de menos de seis unidades o equipo poderá constituírse cunha soa persoa).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com