O ata hoxe Xefe Territorial en Lugo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda Javier Arias, ven de ser nomeado Delegado da Xunta en Lugo en substitución de José Manuel Balseiro que desempeñou este cargo na última lexislatura. Balseiro que ía nas listas ao Parlamento Galego pola provincia de Lugo desenvolverá, se Feijoo non ordena outra cousa, o seu traballo político no Pazo do Horreo nos vindeiros catro anos.
Arias é funcionario de carreira na Deputación de Lugo e é fillo de Ramón Arias, tamén funcionario da deputación e exconcelleiro do PP no Concello de Lugo.