Os feitos ocorreron sobre as oito da tarde de onte, cando o 112 Galicia tivo coñecemento dun accidente mortal cun tractor, no lugar de Merlán en Palas de Rei. A súa condutora quedou atrapada, polo que deberon actuar os Bombeiros de Chantada, xunto cos membros do GES de Monterroso. Sen embargo, nada puideron facer por salvar a vida da muller.
No operativo tamén interviñeron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Palas de Rei.