Oito casos activos menos na área sanitaria de Lugo que xunto coa de A Coruña son as dúas que rexistran unha lixeira baixada no número de infectados. En todas as demais áreas de Galicia aumentan os casos activos, o que fai que en Galicia haxa un total de 4.460, (110 máis que onte) según os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na súa última actualización.
Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 217 en unidades de hospitalización e 4.211 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 17.308 persoas curadas, rexistrándose 721 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 440.382.