Xuventude abre mañá a inscrición para a Gymkana do motor

A área de Xuventude, que dirixe Ana Abelleira, abre mañá sábado, 26 de setembro, a inscrición para a actividade de Gymkana do motor, enmarcada na programación do +Xti, organizada polo Concello e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas. Con esta Gynkana, proponse un xogo de orientación, no formato de diferentes equipos, no que, ademais de resolver enigmas, as e os participantes, deben realizar diferentes probas de destreza e coñecemento, sobre diferentes disciplinas do lecer e do deporte. É incompatible co consumo de alcol (condución, motor, simuladores, etc). O formato da acción será un concurso tipo gymkana ou proba de orientación, con dous compoñentes: a capacidade dos equipos de orientarse a través dun mapa e compás polas diferentes rutas do centro da cidade e a habilidades para pasar diferentes probas de habilidade, con actividades alternativas ao longo das “rutas”. A actividade, que é gratuíta, está destinada a mozos e mozas de 16 a 40 anos, empadroados en Lugo.

A inscrición está aberta ata o 30 de setembro,  a través do enderezo electrónico maisporti2020@lugo.gal, incluíndo no título do correo o número do curso, e no texto do mail: nome e apelidos, DNI/NIE, enderezo, teléfono e data de nacemento.  Non se admiten inscricións antes da data indicada. No momento da inscrición, tamén no corpo do mail, débese indicar o grupo no que inscribirse, en función das datas e horarios. Nesta actividade a inscrición farase por equipos de 4 ou 5 persoas, enviándose só un mail por equipo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com