Seguen baixando os números de casos activos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo

Continúa a baixar o número de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo. Nas última 24 horas descendeu en 10 casos segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade

En canto ao número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.452 deles 1.109 son da área da Coruña, 630 da de Lugo, 668 da de Ourense, 784 da de Pontevedra, 511 da área de Vigo, 578 da de Santiago, e 172 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 210 en unidades de hospitalización e 4.210 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 17.802 persoas curadas, rexistrándose 726 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 452.649.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com