A concellaría de Educación pecha a Escola Infantil Municipal Gregorio Sanz debido ao contaxio dunha educadora

A Concellaría de Educación e Difusión do Coñecemento, vén de comunicar ás familias o peche da Escola Infantil Municipal Gregorio Sanz debido ao contaxio dunha das educadoras que traballan no centro. Segundo declarou o edil responsábel, Felipe Rivas, “os protocolos que están a seguir as educadoras das escolas permiten confirmar que as posibilidades de contacto coas crianzas foron moi pequenas, mais por responsabilidade decidimos proceder ao peche da instalación”.

O concelleiro informou que “desde a confirmación do contaxio, na mañá de hoxe, mantivemos contacto contínuo coas autoridades sanitarias para proceder segundo as súas indicacións”. 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Pili Ferreira
    Set 25, 2020 - 05:52 PM

    Lm kiijnnn bnim0oo.. n ..

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com