Non, á concentracion de doentes con problemas de saúde no Centro de Saúde de Fingoi – Lugo

   Ramón Ares recoñeceu que tomou esta medida porque llo pediu persoal dos Centros de Saúde

Desde a Federación de Asociacións de Veciños da provincia de Lugo entendemos como rocambolesca e desafortunada decisión do “Xerente da EOXI de Lugo” de centralizar a atención médica e pediátrica dos sábados no Centro de Saúde de Fingoi, A quen se lle pode ocorrer en tempos de pandemia e porque? Di (Ares) que llo pediu o persoal dos Centros de Saúde, di tamén “que non se fai actividade ordinaria”, se non é así a que se xoga nos Centros de Saúde?; que pretende con este sistema recortar máis os servizos?

Xa está ben, en Lugo non nos importa para nada o que se faga noutras partes, aquí queremos os nosos médicos, pediatras e persoal sanitario nos nosos Centros de Saúde toda a semana (sábados incluídos) con atención personalizada e punto. As consecuencias negativas desta errónea decisión son: desprazamentos importantes e innecesarios dos doentes, gastos de transporte, maior perda de tempo e unha máis que segura masificación dos servizos de Urxencias do HULA. Isto conleva ademais que o paciente poida non ser atendido polo seu médico ou por un médico do seu centro de referencia e do mesmo xeito que ocorre coas urxencias doente deba acudir ao día seguinte operativo ao seu médico de cabeceira, o que resente a atención ao doente. Isto é un ataque á Atención Primaria en toda regra, pechando os centros de Saúde do Concello de Lugo (que non son ambulatorios como os define o Xerente da EOXI), réstanse servizos aos cidadáns dos barrios e parroquias afectadas.

En plena pandemia o que deberían de facer sería reforzar e incrementar os persoais dos Centros de Saúde de Lugo, para ofrecer unha mellor accesibilidade, reducir listas de espera (podemos achegar fotografías de colas de esperas nos Centros de Saúde de Lugo) e atender en boas condicións a patoloxía Covid-19 e outras. Vostedes están a debilitar a Atención Primaria, mentres o goberno de España transferiu a Galicia 268 millóns de euros para potenciar a Atención Primaria de Saúde e contratar máis profesionais sanitarios. A Xunta de Galicia, vostedes fan todo o contrario. Se non o entende, dirémoslles que nós non nos imos a quedar de brazos cruzados. Ou temos de inmediato o Servizo tal e como estaba configurado en cada Centro de Saúde da Capital Lucense ou levaremos as mobilizacións a Fingoi e a todos os centros de saúde de forma rotatoria e sen limitación no tempo, recolleremos sinaturas en todos os barrios en contra da decisión errónea ou mal intencionada, á vez que presentaremos recurso ante a oficina da “ Valedora do Pobo”. Atenderemos calquera reclamación individual dos usuarios e tramitarémola igualmente á Valedora do Pobo en mesmo ao Ministerio de Sanidade que achega o diñeiro para mellorar para mellorar a atención primaria.

Comisión Executiva Federación Provincial de Asociacións de Veciños.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Tere Pacios
    Set 26, 2020 - 10:21 PM

    Non van concentrar pacientes. Teñen orden de sólo atención telefónica.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com