O accidente tivo lugar pasados uns minutos das sete horas desta mañá, cando un vehículo sufriu unha saída de vía na LUP-0210, no concello de Alfoz resultando ferido o seu condutor.
Foi a esa hora cando os servizos sanitarios de urxencia informaban ao 112 Galicia da mobilización dunha ambulancia para prestar asistencia a un ferido na estrada de Carballido a San Acisclo. Con estes datos, os xestores de emerxencias comunicaban o accidente aos Bombeiros de Barreiros, aos membros do GES de Cervo e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.
Finalmente, os bombeiros confirmaron a Emerxencias 112 Galicia que non foi necesario facer uso do material de excarceración e que a vítima foi evacuada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.