O vindeiro domingo, 4 de outubro, a Praza de Abastos permanecerá aberta entre as 9 e as 14 horas para todas as veciñas e veciños que desexen realizar as súas compras nela.
“Queremos fomentar o comercio local e de proximidade entre as veciñas e veciños de Lugo, facilitando que se poidan achegar a mercar na Praza e ao Mercado”, afirmou Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, que lembrou que “desta maneira tratamos de colaborar tamén en reducir o impacto que a crise sanitaria poida producir nos distintos negocios da Praza e do Mercado Municipal”.
Set 30, 2020 - 10:13 AM
A mi me parece interesante q haya interés x fomentar el comercio local y quizás un dia q n su dia fue… https://t.co/wSxJEySy6w