Inaugurada a 33 Edición da Feira do Libro de Lugo

O escritor lucense Xoán Ramón Díaz  foi o encargado da lectura do pregón inaugural no que se referiu á figura de Xosé Filgueira Valverde, a quen se homenaxea este ano no Día das Letras Galegas. No acto inaugural tamén actuou o grupo a Banda Filharmónica de Lugo. Á inauguración asistiron organizadores da feira e autoridades.

O horario de apertura será de 11.30 a 14 e de 17.30 a 21 horas e os postos estarán instalados no fondo da Praza Maior. Ademais tamén haberá unha serie de actividades entorno a esta feira, como son presentación de libros, concertos, obradoiros, recitais de poesía, ou contacontos.

As casetas contarán cunha programación que inclúe conferencias e charlas e sinatura de libros por parte dos autores. Durante estes cinco días tamén haberá diversas actuación musicais de grupos e bandas de Lugo.

O listado de participantes comprende á El Faro de los Tres Mundos, Librería La Voz de la Verdad, Librería Aguirre, Deputación Provincial, Librería Totem, Librería Biblos, Gran Enciclopedia Galega, Biblioteca Nodal, Librería Trama e Libraría Cartabón. Tamén haberá unha caseta para a Biblioteca da Feira, outra con Información e Punto de Encontro e unha Carpa de Actividades.

Programa:

Día 13.  Mércores.

18.00  Actuación de grupos de alumnos e profesores do Conservatorio de Música Xoán Montes de Lugo.

18.45  Lectura pública de relatos seleccionados no X Premio Internacional de contos escritos por persoas con discapacidade cerebral Fundación Anade.

19.30  Nova actuación do Conservatorio de Música Xoán Montes.

20.00  Alfonso Vázquez Monxardín, Patricia Chachero e outros autores presentan Ramón Otero Pedrayo.  Unha fotobiografía, pola Fundación Otero Pedrayo.  Participa Víctor Fernández Freixanes, presidente da Fundación.

Día 14.  Xoves.

18.00  Actuación da Escola de Música Fábrica de Sons

18.30  Aurea López Lamela asina na caseta da libraría Trama

19.00  Pablo Núñez asina Las hijas de César de Hércules Ediciones

19.00  Xosé Ramón Freixeiro Mato e o grupo de investigación da USC presentan Modelos de lingua e compromiso e A poesía oculta de Filgueira Valverde, por Baía Edicións.

19.00  Concerto da Banda Municipal de Música de Lugo

20.00  Recital de poesía, presentado por Eva Xanín e Xosé Estévez,  coa participación de: Beti Arias, Evinha de la Torre, Xosé Luís Louzao, Chus Amieiro, Manuel Gwermade, Adela Figueroa,  Ramón González, Conchita Paz, Serxio Aller, Luisa Paz, Manuel Celso Matalobos, Ana P. Croas, Jesús Trashorras, Luisa Arias, José Pedreira, Ana Vila, Paco Ledo e Iria López. A actuación musical, correrá a cargo do grupo Pandereteiras da Lúa. No mesmo acto, terá lugar a presentación do libro Xoel, do escritor Xosé Estévez, publicado por Redelibros.

Día 15.  Venres.

18.00  Actuación do alumnado do Conservatorio de Danza de Lugo

18.30  Actividade de animación lectora da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.  Contacontos e minitaller de linguaxe de signos, impartido por Miguel Carregado.

19.00  Madaly Gómez Rodríguez asinará Sentimentos … para compartir, por Edicións Vértice, na caseta da Libraría Biblos.

19.00  Pablo Núñez asina Las hijas de César de Hércules Ediciones.

20.00  Xurxo Souto presenta Océano para terrícolas.  Espectáculo baseado no seu libro Contos do Mar de Irlanda, publicado por Ed. Xerais. Premio Irmandade do Libro, Libro do Ano 2014 da Federación de Librarías de Galicia.

Día 16.  Sábado.

12.00  Tomás Guerrero presenta A deserción de Stalin. Finalista do Premio Castelao de Banda Deseñada 2014. Sinatura de exemplares ao remate.

18.00  Contacontos por José Manuel Alonso. Actividade organizada por Nova Galicia Edicións.

19.00  Paco Martín presenta A rula, o peluche e a nena, ilustrado por Belén Martín, por Edicións Xerais de Galicia.

20.00  Xosé de Cora e Francisco Narla, presentan a antoloxía de novela histórica Retales del pasado, por Ediciones Pàmies. Sinatura de exemplares ao remate.

Día 17.  Domingo.

12.00  Actuación da Banda de Música no palco da música.

13.00  Interpretación de música tradicional galega na Praza Maior, a cargo do alumnado dos centros de ensino de Lugo.

18.00  Obradoiro de Elaboración de gominolas naturais por Carme Freire.

19.30  Historias da curripa e outros romances. Monólogo humorístico a cargo de Lois Pérez.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com