O vicevoceiro popular denuncia que o BNG adxudicou “a dedo 27 actuacións teatrais, musicais, recitai enmarcadas dentro das actividades que se desenvolveron entre os meses de xuño a setembro nos programas “O que queda de verán”, “Tarde, Tardiña”, “Reencontros musicais” e “Facela”
Antonio Ameijide explicou que “os nacionalistas incumpriron o Código de boas prácticas do Concello no que se sinala que se deberán pedir tres ofertas para os contratos menores co ánimo de evitar abusos como os que se están a dar no departamento de cultura”. O popular matizou que semella que para o BNG “parece importarlle máis a afinidade política que a calidade do grupo”.
O vicevoceiro popular explicou que “nas propostas de gastos analizadas de todo este paquete de actuacións veraniegas tan só en unha, das
vintesete, se pediron tres ofertas e “curiosamente foi para o deseño e impresión da cartelería de “O que queda do verán” o resto das
contratacións fixéronse elixindo a dedo”.
Ameijide manifestou “como curiosamente seguen figurando como unha das grandes beneficiarias da axenda cultural lucense Urdime Sociedade Cooperativa Galega, cuxa responsable foi número 2 do BNG no concello de Cerceda”.
O popular recriminou que “Lugo sega tendo déficit importante de transparencia e que estas prácticas opacas deberían ser algo excepcional”. “Creo que a alcaldesa de Lugo debería tomar cartas no asunto porque xa se está convertindo nun tic habitual aplicar as tácticas
do caciquismo moderno nas contratacións”, resumiu Ameijide.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
Set 30, 2020 - 11:56 PM
Ai que joderse mira quen vai falar
Set 30, 2020 - 10:33 PM
Non teñen argumentos, e inventan trolas para facer o tonto. Donde non hai, non cai.
Set 30, 2020 - 09:47 PM
Falar por falar!!!!!!!!!!!
Set 30, 2020 - 03:55 PM
No soy del BNG, pero ¿se incumplio alguna norma?
Set 30, 2020 - 03:49 PM
ata que contraten a Julio Iglesias ou Bertín Osborne, dase todo por ben empregado