Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta tarde ao Hula ao condutor dun tractor que sufriu unha caída cando manexaba o vehículo agrícola por unha finca privada.
Segundo a información recibida no 112 Galicia, a vítima golpeouse na cabeza ao caer do vehículo e despois precipitarse por un terraplén.
Todo sucedeu pasadas as seis da tarde, cando o 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular para pedir asistencia médica urxente para un familiar que sufrira un accidente mentres manexaba o tractor en Parga, Gutiriz. Alí acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, finalmente, trasladaron en ambulancia ao ferido con lesións na cabeza.
Para colaborar co equipo médico, o persoal do 112 Galicia avisou aos voluntarios de Protección Civil de Guitiriz e informou aos axentes da Garda Civil. Cómpre sinalar que, malia a caída, a persoa estaba liberada e accesible.