Redúcense os casos activos por Covid-19 a 524 na área sanitaria de Lugo

Continúa a baixar o número de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo, Nas últimas 24 horas e segundo a  Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de infectados é de 524,  13 menos que onte, xa que, a pesares de que houbo 20 novos positivos, 32 pacientes recibiron a alta e houbo que lamentar un falecido na residencia de Outeiro de Rei.

En canto  ao número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.259, deles 964 son da área da Coruña,  799 da de Ourense, 795 da de Pontevedra, 514 da área de Vigo, 534 da de Santiago, e 129 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 33 están en UCI, 203 en unidades de hospitalización e 4.023 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 19.129 persoas curadas, rexistrándose 747 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 486.731.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com