O BNG estuda peonalizar a rúa Rafael de Vega 

O BNG estuda a peonalización da rúa Rafael de Vega e incluír dita obra nos orzamentos do vindeiro ano. Arroxo explicou que “estamos estudando incluír este proxecto nos vindeiros orzamentos municipais, nos cales xa estamos a traballar”. “Trátase dunha zona con moita poboación pero que non conta con zonas verdes nin peonís amplas,”.

Arroxo destacou “a colaboración da veciñanza para transformar a mobilidade en Lugo”, e afirmou que “o futuro pasa por unha cidade máis amable cos peóns como eixo da mobilidade no lugar do transporte público”. “Para conseguir isto temos que avanzar no cambio de percepción da mobilidade por parte da veciñanza  e un paso importante nisto dáse gañando espazos para os peóns”.

   

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com