23 casos activos menos por Covid-19 nas últimas horas na área sanitaria de Lugo

23 casos activos menos por Covid-19 nas últimas horas sitúan a área sanitaria de Lugo con 503 casos, dos cales a maioría estan leves e están nos seus domicilios, segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

En canto  ao número de casos activos de coronavirus en Galicia tamén baixa e sitúase en 4.092, once menos que onte; deles 848 son da área da Coruña, 503 da de Lugo, 891 da de Ourense, 722 da de Pontevedra, 460 da área de Vigo, 547 da de Santiago, e 121 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 194 en unidades de hospitalización e 3.863 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 19.714 persoas curadas, rexistrándose 751 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 499.201.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com