A Deputación destina 10.000 euros ao Banco de Alimentos de Lugo

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e a presidenta da Asociación de Banco de Alimentos de Lugo, Amadora Núñez Mera, renovaron este venres a colaboración que mantén a institución provincial con esta entidade por un total de 10.000 euros, no acto tamén estivo presente Pablo Rivera, deputado de Promoción económica e social. Con esta axuda a Deputación colabora na merca de ovos para repartir entre as 2.000 familias que atende e cubrir así as necesidades alimenticias dos seus usuarios e usuarias.

Coa crise sanitaria provocada pola pandemia da COVID-19 o Banco de Alimentos de Lugo viu incre-mentado o número de familias usuarias desde o mes de marzo, producíndose picos de ata un 50% nalgunhas ocasións.

Neste senso, José Tomé incidiu “na importancia do traballo conxunto entre as administracións públicas e as entidades privadas durante todo o ano e especialmente neste novo escenario noque as colaboracións co tecido asociativo na nosa provincia cobran aínda máis importancia”.

Con esta axuda “poñemos o noso gran de area tratando de cubrir as necesidades dos usuarios e usuarias do Banco de Alimentos de Lugo que cada vez que acoden reciben dúas ducias e media de ovos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com