O ciclo ce masterclass online que puxo en marcha a área de Xuventude no verán chega ao seu fin mañá, cunha sesión onde se ofrecerán distintas receitas doces saudables. Esta é a última conferencia telemática dun total de 8 nas que a dietista-nutricionista Ángeles Novo afondou no etiquetado nutricional, en trucos para non caer en antollos, mitos nutricionais, como mellorar o sistema inmue coa alimentación así como almorzos, ceas e picoteos saudables.
Ao igual que as últimas masterclass, a de mañá poderá seguirse dende as 20:00 horas a través do Facebook de Xuventude de Lugo, así como na conta de Instagram @Xuventude_lugo.
Out 07, 2020 - 11:22 AM
Grazas por difundir ☺️