Movistar suprime a permanencia nos seus contratos

A medida de suprimir a permanencia de Movistar promove a libre elección e, por tanto, impulsa a competencia e a calidade. As distintas asociacións de consumidores piden ás demais operadoras que secunden esta iniciativa para que impulse a competencia.

Segundo as asociacións a retirada das permanencias promove a libre elección dos usuarios, que deixan de estar obrigados a prolongar a súa relación contractual cun operador pola penalización que leva aparellada a ruptura da mesma. Para as asociacións a libre elección é “o substrato básico que impulsa a competencia en termos de calidade, xa que xeralmente as decisións de cambio dos usuarios susténtanse na insatisfacción co servizo recibido”. Neste sentido a penalización opera como unha barreira á competencia.

En definitiva, as asociacións avogan por que os operadores conserven ou gañen cota de mercado pola calidade dos seus servizos, prezos e prestacións e non pola obrigación de permanecer atado so pena de sanción económica. Ata este momento, MOVISTAR, tiña fixado para os produtos de FUSIÓN, un compromiso de permanencia de 3 meses, cunha penalización de 130 euros, ligada á instalación por primeira vez da fibra. Pola súa banda, o resto de operadores manteñen os seguintes compromisos e penalizacións:

Vodafone: 12 meses de permanencia. Ata 150 euros de penalización.

Orange: 12 ou 24 meses. Ata 100 euros de penalización.

Euskaltel: 12 meses. Ata 180 euros.

Masmovil: 12 meses. Segundo se tráte de fibra ou ADSL, a penalización, ligada á instalación, alcanza os 181 e os 121 euros respectivamente. Non prorrateable. 

Telecable: 12 meses. Ata 120 euros.  R: 12 ou 24 meses. Ata 180 euros.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com