Castiñeira propón melloras no transporte público

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Lugo, Jaime Castiñeira, anunciou esta mañá en rolda de prensa que, se é elixido alcalde, levará a cabo un “revulsivo” no transporte público que permita que os autobuses urbanos sexan “máis baratos, máis cómodos, máis útiles e máis puntuais”.

Para elo, os populares intervirán de xeito simultáneo en tres eixos: liñas, tarifas e implantación de novas tecnoloxías, “sempre coa máxima de reducir en torno a un 20% o uso do vehículo privado en Lugo para que progresivamente vaian gañando presenza e espazo os peóns en lugar dos coches”.

No relativo ao sistema tarifario, Jaime Castiñeira defendeu “unha política máis xusta”, na que o transporte urbano sexa gratuíto para pensionistas, xubilados e familias con escasos recursos. Ademais disto, os populares establecerán se gobernan, unha tarifa plana diaria ilimitada para que os veciños poidan realizar todas cantas viaxes desexen nun día por 1 euro; unha medida que se sumará á dos transbordos gratuítos e á creación de bonos mensuais e anuais con viaxes ilimitadas “para fomentar o uso do transporte urbano sen preocuparse pola repercusión

Asemade, o candidato popular sinalou que tamén fixarán bonificacións para familias, con descontos progresivos para os segundos, terceiros e cuartos membros dos núcleos familiares dun 50%, 75% e 100%, respectivamente. Estas reducións de prezo estarán acompañadas tamén doutras para traballadores de empresas, con descontos por número de empregados, co obxectivo de captar e fidelizar lucenses.

Á marxe das cuestións tarifarias, os populares tamén sinalan que acometerán un profundo redeseño nas liñas, reducindo o percorrido que realizan, xa que “neste momento hai liñas de máis de 20 quilómetros de distancia, algo inconcibible para un bo funcionamento do transporte público”.

Estes percorridos máis curtos, acompañados doutras medidas como a implantación de dous autobuses eléctricos continuos ao redor da muralla para favorecer os transbordos, contribuirán a conseguir un sistema “máis puntual, máis áxil e que se converta nunha verdadeira alternativa para a mobilidade dos veciños, algo hoxe impensable”.

Nesa mesma liña, o popular apostou por dotar a Lugo dun sistema “similar ao do metro de Madrid”, para o que propuxo liñas con máis frecuencias de paso, “grazas precisamente a ese redeseño de liñas”, e con máis enlaces para transbordos. Entre elas, citou o compromiso de ter cada 15 minutos un bus no polígono do Ceao, cada 4 minutos en torno á Muralla e cada 7 na Avenida da Coruña e na Avenida de Madrid, así como outra que chegue ao barrio da Ponte e ao Club Fluvial “como moito cada media hora”, sempre garantindo que todo o municipio quede cuberto.

Tal como sinalou Jaime Castiñeira, “o transporte urbano en Lugo non será competitivo mentres non lle permita ao usuario ter máis información aos usuarios sobre frecuencias de paso, liñas e percorridos”. Deste xeito, os populares crearán unha Aplicación para móbiles (APP) que informe dos horarios de chegada, incidencias, percorridos… con datos en tempo real, e cunha planificadora de rutas e un sistema de alertas.

Ao mesmo tempo, recuperarán os paneis informativos “que levan anos avariados despois de que ás présas se puxeran en funcionamento na anterior campaña electoral de 2011”.

Os populares tamén sinalan que mellorarán o acceso e uso do transporte público para as persoas con mobilidade reducida e para as persoas con discapacidades físicas e visuais, “tamén grazas á APP”, ao tempo que paulatinamente irán convertendo as paradas de autobús en espazos tecnolóxicos, ofrecendo novos servizos nelas como

Jaime Castiñeira acudiu á primeira hora da mañá a un reparto de información electoral no polígono do Ceao e ao longo do día participará noutros actos da súa candidatura na Ronda das Fontiñas e no IES Ánxel Fole, no que intervirán, ademais de Jaime Castiñeira, Enrique Rozas e Juan Carlos Plaza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com