Hoxe presentouse o novo microbus Mercedes co que conta o serrvizo, de buses urbanos do Concello de Lugo que a partir de mañá cubrirá o servizo da liña 11. Arroxo, responsable desta área declarou “queremos que a xente aposte polo bus urbano”
O novo vehículo que se incorpora á flota ten un menor consumo de combustible que os modelos anteriores, polo que emiten menos substancias contaminantes, por debaixo dos niveis marcados pola normativa Euro VI.
Conta con rampa de acceso para garantir a accesibilidade, e conexión WiFi e portos USB para recargar dispositivos móbiles. En total, o novo vehículo terá unha cabida de 16 pasaxeiros sentados e 14 de pé, e realizará o servizo da zona rural, nos núcleos de Tirimol, Pías, Bóveda, Castelo, Nadela, Recimil, San Mamede, Conturiz, Esperante e Calde.