Foi durante unha festa nun bar de Lugo a finais do pasado mes de setembro. En concreto tratase dunha celebración nun local da capital, á que asistiron ao redor de 90 persoas, algunhas delas sen máscara, e na que tivo que intervir a policía.
Pasados uns días, unha das persoas asistentes á festa deu positivo, polo que se activou o protocolo, facendo probas aos seus contactos e polo momento hai xa 6 casos activos.