A nostalxia dos anos 80 en Codex Cinema co filme “Verán do 85”

Este venres estrease en Codex CinemaVerán do 85, a nova obra de François Ozon, cineasta que xa é un vello coñecido dos cines, onde xa se exhibiu Grazas a Deus, a polémica película sobre os casos de pederastia dentro da igrexa católica. Ozon, director tan reputado como controvertido, leva anos sendo un dos creadores franceses de maior éxito internacional grazas a filmes como Oito mulleres, Swimming Pool ou O amante dobre, ademais de ser un habitual dos festivais de Cannes e San Sebastián, onde as súas películas recibiron premios en moitas ocasións.

Desta banda, Ozon ofrece un drama adolescente sobre o espertar á vida, sobre a descuberta do amor e os conflitos xeracionais, seguindo as desventuras de Alexis, un rapaz de dezaseis anos, durante o verán do 85 e a aparición na súa vida de David, un mozo carismático sen medo a ningún prexuízo e disposto a todo para ser feliz.

Pero máis alá do torrente de emocións que se desenvolven no filme, este destaca pola súa reconstrución da década dos oitenta. As chupas de coiro, os pantalóns vaqueiros, os walk-man ou unha banda sonora con coñecidos temas de The Cure, Bananarama ou Rod Stewart, así como temas orixinais para o filme do músico Jean-Pierre Dunckel, membro do mítico dúo francés Air. Todo xunto recrean unha época esencial para a nostalxia dun tempo que deixou unha pegada inesquecible e que aínda hoxe segue a marcar tendencias.

O filme foi seleccionado para a Sección Oficial de Cannes de este ano, que finalmente non puido celebrarse debido á pandemia mundial, polo que acabou formando parte da competición do Festival de Donostia, onde foi unha das películas mellor recibidas pola crítica antes da súa estrea oficial en España.

Novas relacionadas

  1. Luis Díaz
    Out 09, 2020 - 10:55 PM

    Alguén me pode informar si a emiten con subtítulos en español ou so é en versión orixinal? xa sei que os Codex non emiten películas dobradas en español.

    Reply
    • Codex Cinema
      Out 10, 2020 - 01:55 AM

      o filme se proxecta tanto en versión orixinal subtitulada como en versión dobrada ao castelán. Aquí podes consultar todas as sesións

      Reply
    • Luis Díaz
      Out 10, 2020 - 10:16 AM

      Codex Cinema moitas grazas

      Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com