Excarcerada a condutora dun turismo tras saírse da vía no Valadouro

Unha muller tivo que ser excarcerada a pasada noite polos servizos de emerxencias despois de que o coche no que circulaba sufrise unha saída de vía no termo municipal do Valadouro.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os equipos de intervención tiveron que usar o material de excarceración para liberar a ferida despois que o seu vehículo batese contra o gardarraíl da vía.

Todo comezou ás 21:00 horas de onte cando un equipo do servizo de mantemento da estrada chamou ao 112 Galicia tras atoparse cun vehículo accidentando na LU-161, no punto quilométrico 14. Indicaba que a condutora e única ocupante do vehículo necesitaba axuda médica urxente, ademais, advertía que a persoa estaba atrapada no seu interior.

Con estes datos, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose en marcha un operativo que contou coa intervención dos servizos sanitarios, dos Bombeiros de Barreiros, dos membros do GES da Cervo e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Tras ser liberada, a persoa ferida puido recibir asistencia médica por parte dos profesionais sanitarios e, finalmente, trasladada ao centro hospitalario de referencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com