O número de casos activos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo ascende a 466

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que nas últimas 24 horas o número de casos activos na área sanitaria de Lugo é de 466.

En Galicia o total de número de casos activos de coronavirus é de 4.358; deles 747 son da área da Coruña, 1.474 da de Ourense, 541 da de Pontevedra, 435 da área de Vigo, 581 da de Santiago, e 114 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 37 están en UCI, 175 en unidades de hospitalización e 4.146 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 21.425 persoas curadas, rexistrándose 780 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 543.138.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com