Comezo das obras en catro viais de acceso a outros tantas lugares de Vilalba

O Concello de Vilalba ven de informar do comezo das obras para a renovación e pavimentación de catro viais de acceso aos núcleos de Cascamaño, O Monte e Rebordelo, na parroquia de Codesido, e Millares, na parroquia de Santaballa.

Os traballos, orzamentados en 30.000 euros, terán un período de execución dun mes e forman parte do plan integral de mantemento e renovación de viais e camiños nas parroquias de Vilalba, posto en marcha polo actual grupo de goberno no concello.

Con estas obras damos resposta ás demandas veciñais, que piden unha maior seguridade viaria nas parroquias, son viais moi deteriorados que necesitaban unha actuación desde hai anos”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com