No concello de Triacastela veñen desenvolvéndose estes días, unha serie de traballos de limpeza e conservación medioambiental. Para elo mozas e mozos de toda Galicia participan nestas xornadas de limpeza no marco do proxecto europeo ‘Lewo’, siglas en inglés de Life Evergreen with Volunteer.
Nesta pasada fin de semana as tarefas de recollida de lixo e limpeza realizáronse na contorna do Camiño de Santiago ao seu paso polo Concello de Triacastela.
Esta actividade é unha máis do proxecto europeo Lewo, que se desenvolve ao abeiro do programa LIFE 2016 da Comisión Europea e leva a cabo a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.
A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, agradeceulles aos participantes, nestas xornada,s o seu traballo que ano tras ano realizan na localidade.