Un novo brote de Covd-19 afecta a sete membros dunha mesma familia de Friol. Aínda que todos son asintomáticos a Xunta de Galicia decretou alerta amarela, xa que é o protocolo a seguir cando hai sete positivos e a familia está por suposto en corentena.
Segundo informan a este xornal, dende o Concello de Friol están a desinfectar parques, rúas e zonas públicas do centro.
En canto aos datos de casos activos na área sanitaria de Lugo nas últimas 24 horas a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou que hai 17 máis, un lixeiro incremento con respecto a onte, e que fai un total de 477 afectados por coronavirus.
En Galicia tamén suben os casos, 40 máis que onte, o que fai un total de 4.514 casos activos por coronavirus. Hai que lamentar o falecemento de catro persoas nas últimas 24 horas.