A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, denunciou está mañá a situación irregular da xestión da planta depuradora de augas residuais e da estación de tratamento de auga potable. “desde hai case unha década esta administración local realiza pagos irregulares cada mes polo mantemento da planta depuradora de augas residuais (EDAR) e polo mantemento da estación de tratamento de auga potable (ETAP), o que supón máis de 3 millóns de euros ao ano pagados con reparo de legalidade”.
Louzao esixe dar unha solución de inmediato o servizo de mantemento de ambas plantas. «No anterior mandato, foron facilitados informes desde o servizo de Medio Ambiente nos que se facían constar os pasos necesarios que faltaban para proceder á nova contratación, que durante os últimos anos, non mudaron nin se avanzou nesa tramitación.
Esta circunstancia segundo datos do propio concello “implica deixar de recadar entre 0 27% e o 36% do total dos ingresos do Concello», afirmou.
Para argumentar a súa posición Louzao puxo en evidencia as contas municipais. «Na actualidade este servizo ten un déficit tarifario que supera o 30%, que se leva incrementando nos últimos anos como consecuencia da conxelación e non actualización das ordenanzas fiscais.
A voceira municipal criticou así mesmo a nefasta xestión que o Goberno local está a levar a cabo no departamento municipal de augas onde se está perdendo cartos e desmantelando os recursos humanos. «A merma de persoal neste servizo supón que sexa un dos que máis queixas e reclamacións dos cidadáns recibe, sobre todo pola acumulación de trimestres sen lectura real. Concluíu