Continúa a baixar o número de casos activos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo

Oito casos activos menos nas últimas 24 horas segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na área sanitaria de Lugo que se sitúa con 467 infectados.

En canto o número de casos activos de coronavirus en Galicia tamén descende e é de 4.569, 32 menos que onte; deles 770 son da área da Coruña, 467 da de Lugo, 1.592 da de Ourense, 419 da de Pontevedra, 534 da área de Vigo, 639 da de Santiago, e 148 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 42 están en UCI, 223 en unidades de hospitalización e 4.304 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 22.550 persoas curadas, rexistrándose 803 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 566.061.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com