A prevención do coronavirus, prioridade do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, vén de visitar hoxe as instalacións do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), dende o que lembrou que este organismo dependente da Consellería de Emprego e Igualdade, ofrece ás empresas asesoramento técnico sobre as medidas de seguridade a implementar no entorno laboral fronte á pandemia da Covid-19. Unha materia que, dende hai meses, sitúase nun lugar prioritario na actuación do organismo.

Así, o ISSGA elaborou guías cos protocolos a observar nos distintos sectores de actividade -que están a disposición dos interesados na súa páxina web-, e tamén responde a cuestións concretas que xorden das empresas e traballadores ou de entidades como clusters ou asociacións empresariais, entre outras. Dende marzo ata setembro, no conxunto de Galicia atenderon 700 consultas deste tipo.

Paralelamente, continúa desenvolvendo as súas funcións habituais, entre as que destaca a investigación dos accidentes de traballo co fin de coñecer as causas que os provocan, e dende a perspectiva do sinistro como risco laboral prevenible. Os seus informes técnicos serven de apoio á autoridade laboral ou sanitaria, ou no ámbito xudicial. Ao respecto, cabe lembrar que o ISSGA colabora coa Fiscalía de Galicia para a investigación eficaz e rápida dos delitos contra a vida, a saúde e a integridade física das persoas traballadoras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com