Comunicado da Asociación Si, hai saída

A asociación Si, hai saída manifesta a súa satisfacción pola condena da Audiencia Nacional ao Ministerio do Interior por non protexer adecuadamente a unha muller asasinada a mans do seu marido.

Desde a asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero desexamos amosar a nosa satisfacción ante a condena imposta pola Audiencia Nacional  ao Ministerio do Interior pola inadecuada protección otorgada pola G. Civil en Sanlucar La Mayor (Sevilla) en Setembro do 2016 a unha muller que solicitou unha orde de protección do seu ex marido, sendo esta denegada dado que os axentes encargados de valorar o seu risco o fixeron como “NON APRECIADO”, baseándose, entre outras cousas, na falta de antecedentes do denunciado, o que tivo como resultado que a muller fora asasinada por este un mes despois.

Así mesmo, desexamos facer, unha vez mais, unha chamada de alerta sobre a atención recibida polas vítimas de violencia de xénero, moitas veces, como ocurre nalgunhas comisarías durante as fins de semana ou días festivos, por axentes non especializados, que realizan a valoración de risco (VioGén), coma un trámite mais, co perigo que isto implica, como queda demostrado no caso de Sanlucar e pregamos de novo que, a hora de seleccionar o persoal encargado de asistir as vítimas de violencia machista se teñan en conta mais factores que a formación e méritos profesionais, dándolle a  prioridade que merece e que é imprescindible a sensibilidade, a empatía e que sexan capaces de entender que un cuestionario xénerico non entende de matices,  e que  criterios de valoración como por exemplo no mencionado caso, a falta de antecedentes do agresor, non garante a inexistencia de risco.

Pregamos encarecidamente rigor a hora de seleccionar a este personal que debe, entendemos, entre outros requisitos, escoitar as vítimas cando advirten do perigo que corren, o mesmo que aos que traballamos día a día con elas.

A violencia de xénero non é unha ciencia matemática e non hai indemnizacións abondo que compensen o irreparable e a dor dunha vida segada do xeito mais cruel.

Ogallá esta condena sente un precedente, e deixe claro, dunha vez por todas, que hai persoas que, nin con toda a formación ou méritos profesionais do mundo, deberían nunca, baixo ningún concepto, asistir a vítimas de violencia de xénero, e menos ainda valorar o seu nivel de risco.

Unha vez mais lembramos que estamos a falar de vidas.

Asociación Si, hai saída.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com