Os traballadores da planta de Alcoa volveron a cortar estradas e levantaron barricadas esta maña durante 45 minutos na N-634 á altura do acceso ao corredor que une Xove e Viveiro.
Unha semana despois de coñecerse a decisión da multinacional de levar a cabo un despido colectivo de máis de 500 traballadores e a hibernación das cubas, os traballadores de Alcoa continúan a loitar para presionar á empresa a que venda.
Asemade os traballadores de Alcoa anunciaron unha gran manifestación en Lugo a vindeira semana.