A Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta, informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.932, deles 839 son da área da Coruña, 450 da de Lugo, 1.577 da de Ourense, 457 da de Pontevedra, 708 da área de Vigo, 719 da de Santiago, e 182 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 246 en unidades de hospitalización e 4.643 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 23.326 persoas curadas, rexistrándose 818 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 586.482.