A exposición DON RICARDO DE FINGOI, sobre o tempo lucense de Ricardo Carballo Calero, promovida polo Colectivo Egeria, estivo a semana pasada no Instituto Perdouro de Burela, acudindo á súa inauguración Faustino Cela, neto do escritor homenaxeado.
A exposición non só foi visitada polos alumnos deste instituto, senón que do inmediato Ies Monte Castelo acudiron tamén a visitar a exposición os alumnos de 4º de ESO coa súa profesora Carme Cociña como guía, e os de 2º de BAC, co seu profesor Xoán Fernandez.