Ferida unha persoa logo de saírse da vía no coche no que circulaba en O Corgo

Unha persoa que circulaba nun turismo resultou ferida esta tarde ao dar varias voltas de campá e rematar fóra da vía o vehículo no que viaxaba no Corgo. A vítima, que quedou atrapada no interior do coche, foi trasladada a un centro médico despois de ser excarcerada polos Bombeiros de Sarria.

O accidente produciuse ao fío das 17:40 horas no punto quilométrico 3 da LU-P-1611.

Nada máis recibir o aviso dos feitos a través dunha testemuña do sinistro, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Sarria e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com