Continúa o aumento de casos de Covid 19 na provincia con 24 novos positivos na última xornada

Continúa na provincia o aumento significativo de casos de Coronavirus. Tras o positivo de 24 novos pacientes, Lugo sitúase xa nos 497 casos activos. Un repunte que continúa á alza aínda que con menor aumento que en xornadas anteriores. Por outra banda, o último balance computa outros 13 pacientes curados, xunto a esta nota positiva, hai outra, e é que descende, aínda que de forma moi leve, a carga hospitalaria. En total na provincia son 18 os ingresados nos diferentes centros sanitarios, segundo informa o SERGAS, tres deles na Unidade de Coidados Intensivos. 

En canto ao balance por Concellos, hoxe destaca o de Bóveda onde sete persoas deron positivo por Covid 19 na residencia para persoas con discapacidade física Domus Vi. Tres destes positivos se atoparon entre os residentes e os outros catro no persoal empregado. O centro destacou a rapidez coa que se activou o protocolo de seguridade debido á áxil detección pola saliva do Covid. Así, tanto o resto de persoal como dos residentes realizaron estas mesmas probas resultando todas elas negativas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com